Festa fin de curso
Festa fin de curso
O Venres 20 de Xuño as 16.00h, comezará a nosa festa de fin de curso, este ano con temática Pirata, obradoiros, festa da auga, xogos piratas, merenda para a rapazada e gran tómbola final.
Vos esperamos!!!
Este ano grazas a Diputación de Pontevedra, co seu programa +Convivencia a nosa comunidade educativa vai pasar un día de convivencia no Parque Natural das Illas Cíes disfrutando da súa natureza, fauna e historia.
O sábado 18 de Xaneiro, coa colaboración da comunidade de Montes de Teis, levouse a cabo a Sementeira.
As familias participaron nunha actividade diferente e despois da mesma disfrutamos dun chocolate quente.
O pasado martes 19 de Novembro disfrutamos da charla da importancia do xogo libre, na que participaron familias e docentes.
Nesta parte do proxecto contamos coa colaboración do CIFP Valentín Paz Andrade
Como clausura do Proxecto, e como forma de inaugurar os espazos co alumnado, familias e comunidade educativa o sábado 30 de Novembro fixemos unha festa.
Nela, contouse coa actuación de Pako Pakolas e Laura Romero co seu espectáculo de Ramona Órbita, “Cores, contos & rock´n´roll”. A continuación toda a comunidade educativa e as entidades colaboradoras compartimos unha chocolatada quente con biscoito, namentres os alumnado xogaba e utilizaba os espazos de xogo creados.
O pasado 30 de Outubro celebramos o Magosto e a festa de Samaín. Tivemos castañada, acompañada por un riquisimo pan con chourizo. Disfrutamos moito da festa con música e con contacontos terroríficos!! Pasámolo de medo!
O Circo chegou o Paraixal e deixounos momentos inolvidables.
Grazas familias por vir a disfrutar e grazas a directiva e os colaboradores por facelo posible.
Festa fin de curso
O Venres 21 de Xuño as 16.00h, comezará a nosa festa de fin de curso, este ano con temática do Circo, teremos un taller de circo con Claudio, de Atípico Vigo www.instagram.com/atipicovigo?igsh=MWljaXJkNG1mNm5r, xogos circenses e de auga, merendas para a rapazada e gran tómbola final.
Vos esperamos!!!
Dende o 23 de abril de 2024, hai unha nova directiva da ANPA Paraixal. A nova presidenta é Sainza e a secretaria é Olalla. A vicepresidenta é Ángela e a tesoureira é Tere. María, Amina e Jessica son vogais agora. O correo segue sendo anpaparaixal@gmail.com
O venres, 1 de marzo, ás 16h00 en primeira convocatoria e 16h15 en segunda convocatoria haberá unha asamblea da ANPA no ximnasio do cole. Todas as familias que proporcionaron unha dirección de correo recibiron a convocatoria por correo.
O venres, 9 de febreiro, celebrarán pola mañá os nosos mouchos o entroido escolar. O profesorado agradece moitísimo a axuda das familias na elaboración dos disfraces de moucho.
A mesma tarde do 9 de febreiro a partir dás 16h00, a ANPA organiza unha festa familiar repleta de disfraces, actividades e convivio.
O sábado 3 de febreiro, realizamos unha actividade en conxunto coa Comunidade de Montes de Teis sementando futuros castiñeiros, pradairos e nogueiras da Madroa.
Moitas grazas pola alta tasa de participación. Agradecemos a iniciativa da Comunidade de Montes de Teis e tamén hai que agradecer a nosa Pili, da ANPA, quen asegurou ter un chocolate quente para cada participante despois de sementar.