Colexio pequeno. Familias implicadas.
Esta páxina web recolle as iniciativas da ANPA Paraixal, unha asociación que traballa en estreita colaboración coa dirección do CEIP Plurilingüe Paraixal para dar servizos de concilicación e para organizar festas, charlas e saídas coa nosa comunidade escolar.
Festas celebradas e por celebrar. Charlas e obradoiros. Neste apartado pódese ver historial parcial das actividades levadas a cabo e informarse dos eventos programados.
O noso servizo de comedor escolar ofrece comidas saudables e equilibradas para os nosos estudantes. Atopa información aquí sobre os horarios, menús mensuais, información de bolsas, prezos e máis.
A oferta actual de actividades inclúe:
Karate, luns e mércores
Inglés, martes
Teatro, xoves
Balonmán, xoves
Atopa toda a información neste apartado da páxina.
Dende ás 7:50 funciona a diario a nosa aula madruga ata ás 8:50 cando a coidadora entrega as crianzas ao profesorado de garda.
Atopa toda a información neste apartado da páxina.